Apertura del acto de entrega de premios da sexta edición da convocatoria Incuvi-Emprende 16 de mar. de 2017

Visto 625 veces

Apertura del acto de entrega de premios da sexta edición da convocatoria Incuvi-Emprende

A sexta edición da convocatoria Incuvi-Emprende xa ten os seus gañadores. Este xoves desveláronse os proxectos que pasarán o vindeiro ano nas instalacións de incubación dos campus de Vigo, Ourense e Pontevedra. 12 iniciativas emprendedoras escollidas entre 23 finalistas, das cales seis son do campus de Vigo, catro de Ourense e dúas de Pontevedra, ademais de dous accésits, un en Vigo e outro en Pontevedra. As novas tecnoloxías e a contorna dixital consolidan ano tras ano a súa presenza entre os proxectos gañadores, ben sexa a través de aplicacións móbiles ou de plataformas de networking ou economía colaborativa. Con todo, esta convocatoria foi a primeira de Incuvi á que se presentaron proxectos de todos os eidos do coñecemento “cun fortísimo aumento da participación de estudantes do noso campus da creatividade, o de Pontevedra”, como explicaba na súa intervención a vicerreitora da Estudantes, Dolores González. Tamén se incrementou de xeito importante a participación feminina, xa que dos 38 proxectos que se presentaron en total, o 42,5% das persoas impulsoras son mulleres. De feito, entre os gañadores tamén se mantén unha situación case de equidade, con 12 homes e 11 mulleres.

Ana Mª Ortiz
Subdelegada do Goberno na provincia de Pontevedra, Gobierno de España
Manuel Corredoira
Director xeral de Educación, Xunta de Galizia
Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor, Universidade de Vigo