Presentación de D.Henrique Monteagudo 21 de feb. de 2018

Visto 76 veces

Presentación de D.Henrique Monteagudo

O académico da RAG Henrique Monteagudo reflexiona sobre as variantes lingüísticas nas Cantigas de Martin Codax. As sete cantigas do Pergamiño Vindel agochan pistas de variantes lingüísticas que axudan a coñecer máis a fondo a Martin Codax e o contexto xeográfico e temporal da súa escrita. Sobre as súas características gráficas, léxicas, morfosintácticas e fonéticas reflexionou este mércores na Facultade de Filoloxía e Tradución o profesor da Universidade de Santiago de Compostela e secretario da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo. O seu relatorio encádrase dentro do programa de actos organizado co gallo da exposición do Pergamiño Vindel en Vigo

Presenta: Luis Alonso Bacigalupe
Decano da Facultade de Filoloxía e Traducción, Universidade de Vigo
Presenta: Xosé Bieito Arias Freixedo
Docente, Universidade de Vigo
Henrique Monteagudo
Profesor titular de Filoloxía Galega, Universidade de Santiago de Compostela