(Rolda de preguntas) Variantes lingüísticas nas cantigas de Martín Codax e na lírica trobadoresca 21 de feb. de 2018

Visto 70 veces

(Rolda de preguntas) Variantes lingüísticas nas cantigas de Martín Codax e na lírica trobadoresca

O académico da RAG Henrique Monteagudo reflexiona sobre as variantes lingüísticas nas Cantigas de Martin Codax. As sete cantigas do Pergamiño Vindel agochan pistas de variantes lingüísticas que axudan a coñecer máis a fondo a Martin Codax e o contexto xeográfico e temporal da súa escrita. Sobre as súas características gráficas, léxicas, morfosintácticas e fonéticas reflexionou este mércores na Facultade de Filoloxía e Tradución o profesor da Universidade de Santiago de Compostela e secretario da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo. O seu relatorio encádrase dentro do programa de actos organizado co gallo da exposición do Pergamiño Vindel en Vigo

Henrique Monteagudo
Profesor titular de Filoloxía Galega, Universidade de Santiago de Compostela
Modera: Xosé Bieito Arias Freixedo
Docente, Universidade de Vigo