Intervención de Xavier Labandeira 29 de set. de 2015

Visto 345 veces

Intervención de Xavier Labandeira

A Universidade de Vigo segue a camiñar da man coa Cátedra Gas Natural Fenosa (GNF) na procura dun desenvolvemento sostible con novos proxectos sobre a mesa. Nos vindeiros meses, esta alianza servirá para afondar na investigación en economía da enerxía e do medio ambiente coa incorporación dun investigador de posdoutoramento especialista en economía e coa cooperación multidisciplinar entre o grupo REDE con outros equipos de investigación como EPhysLab, que fará as súas achegas dende o campus de Ourense. Para poder difundir todos os avances acadados, tanto entre o tecido empresarial como á sociedade en xeral, Universidade e cátedra organizarán tamén un evento anual en Vigo ou en Ourense enfocado á transferencia do coñecemento neste eido. En ambas actividades colaborará o Centro Internacional de Excelencia Hidráulica (CIEH) de GNF, que ten a súa sede na Cidade Tecnolóxica de Vigo.

Presenta: Xosé Manuel García Vázquez
Vicerreitor de Economía e Planificación, Universidade de Vigo
Profesor titular no dpto. de Economía Aplicada, Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie
Intervención de Alberto Gago
Entrega do III Premio Eva Pérez Seara ao mellor Traballo Fin de Máster á ex alumna Rocío Rodríguez Torres
29 de set. de 2015
Despedida do acto
29 de set. de 2015