Vanguarda e retaguarda de unha nova organización territorial do estado español 12 de abr. de 2016

Visto 569 veces

Vanguarda e retaguarda de unha nova organización territorial do estado español

Intervención de Esther Seias Villadangos

A Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo debe ser o foro de reunión e de debate destes temas que preocupan á sociedade e que inflúen no noso presente e futuro como Estado. Mercé á axuda económica do Consello Social da Universidade de Vigo, o alumnado poderá escoitar a un grupo de expertos en temas xurídicos e políticos, poñendo así ao estudantado en contacto coa realidade das nosas institucións. En efecto, no actual escenario exponse, de forma máis ou menos aberta, a modificación da Constitución ou de aspectos que se enmarcan no que o Tribunal Constitucional ha denominado bloque de constitucionalidade. Trátase de cuestións que nos afectan como membros da sociedade actual e que conectan, irremediablemente, cos estudos que se imparten na nosa Facultade.

Presenta: Almudena Bergareche Gros
Profesora de dereito público, Facultade de dereito, Universidade de Vigo
Esther Seijas Villadangos
Profesora Titular de Dereito Constitucional, Universidade de León