• INICIO
  •  »  UVIGO TV
  •  »  Todos
  •  »  Proyecto DivulGATE 2016
  •  »  Plantas que defienden su hogar de invasiones

Plantas que defienden su hogar de invasiones

Para mellorar a súa experiencia na visualización de clases automatizadas utilice  Google Chrome  ou Safari
(Navegadores con soporte de video en HTML5 e codec h.264)
Idioma del video: Español
Visto: 484 veces   
Conferencia

Carpobrotus edulis, Corbicula fluminea, Acacia longifolia… son especies invasoras que ameazan os ecosistemas alóctonos e poñen en perigo a biodiversidade. A comunidade científica leva décadas estudando posibles técnicas para a súa eliminación e para a recuperación dos espazos invadidos, motivo polo que foi o tema elixido para a terceira edición do ciclo de relatorios de divulgación científica Divulgate. Esta iniciativa, que arrancou en 2014 impulsada pola Delegación de Alumnado de Bioloxía Lynn Margulis, comezou onte martes e desenvolverase ao longo desta semana na facultade viguesa. Onte martes arrancaron as charlas coa intervención de Alba Ferreiro, que presentou un estudo sobre o impacto do Carpobrotus edulis no comportamento do caracol das dunas Theba pisana. Laura Fandiño, pola súa banda, afondou no efecto do cambio climático na interacción entre a Unio delphinus, unha ameixa de río, e a Corbicula fluminea, ameixa asiática invasora. Brea Bernardo Carrillo, presidente de la Delegación de Alumnos, presentou un estudo sobre como as plantas defenden o seu ecosistema das invasións. <br/> O obxectivo deste programa é dar a coñecer os traballos científicos desenvoltos polo alumnado ao tempo que se converte nunha palestra para un primeiro contacto coa divulgación científica, aprendendo a comunicar e a dar a coñecer os resultados da investigación, polo que leva como título A falar apréndese falando. Este mércores continúan as ponencias centradas nas especies invasoras, como a de Marisole Calbi, que seguirá afondando na interacción entre Carpobrotus edulis e Theba pisana baixo condicións controladas. Mentres Miriam González presentará as súas achegas sobre o polimorfismo de concha en poboacións naturais de L. fabalis do mar Branco. Esta segunda xornada complétase cunha saída polo campus para buscar e identificar posibles especies invasoras.

Brea Bernardo Carrillo Rodríguez
Alumno, Presidente de la Delegación de Alumnos , Grado de Biología
UvigoTV | Plaza Miralles. Local A3A | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986811937 | tv@uvigo.es      
pmk_logo Powered by PumuKIT PRO V 1.60