O espectro autista 2 de dec. de 2016

Visto 451 veces

O espectro autista

Quenda de preguntas

As xornadas, de oito horas de duración, tratan de dar a coñecer os diferentes protocolos e recursos cos que conta a institución para atender ao alumnado con necesidades educativas especiais. A finalidade é tamén visibilizar e normalizar as diferentes discapacidades, traballando a prol da aceptación das persoas con necesidades educativas especiais e favorecendo a súa relación, integración e interacción coa contorna. Paralelamente, os asistentes puideron tamén aprender a distinguir as diferentes necesidades educativas e a decidir as accións máis acaídas para poñer en marcha en cada caso.

Manuel Ojea Rúa
Catedrático de Orientación Educativa da Educación de Secundaria, profesor asociado da Universidade de Vigo e presidente da Asociación autismo TRASCOS
Equipo técnico Miguel Grandío
UvigoTV
Equipo técnico Luis Pena Morandeira
Coordinador de producción, cámara, realizador e editor audiovisual, UvigoTv - CampusdoMarTV