Mesa redonda: A Historia en Construción: Xornalismo e Historia Actual 8 de maio de 2012

Visto 2735 veces

Mesa redonda: A Historia en Construción: Xornalismo e Historia Actual

En pleno século XXI, a Historia “está no medio” cando botamos unha ollada aos medios de comunicación. Este ciclo de xornadas xurde para crear un espazo onde analizar e debater a conexión da Historia con outras disciplinas, facer visible o papel do historiador no mundo actual e a configuración social dos discursos sobre o pasado como construción colectiva. O papel das novas tecnoloxías é crucial na construción do discurso histórico, da realidade social e o seu impacto sobre a sociedade. As accións no ciberespacio están facendo mutar mesmo, o valor do patrimonio tanxible, polo que é fundamental valorar as ferramentas de transferencia de coñecemento e o protagonismo da cidadanía, non só como simple receptor, senón no propio proceso de construción do mesmo e na salvagarda do seu legado patrimonial. É momento fundamental tamén para tratar de evidenciar as metodoloxías da Historia e o debate sobre os criterios de cientificidade.

i18n.one.Series: A Historia no medio
Mario Ortiz
Humanista e Docente , Universidade Nacional Autónoma de México
Adrián Estévez
Colaborador e Administrador, Galipedia
David Simón Lorda
Médico Psiquiatra, Hospital de Ourense
Xurxo Salgado
Modera: Laura Novelle López
Licenciada en Historia e DEA en Historia Contemporánea, Universidade de Vigo