Presentación de D. Pedro rey 25 de abr. de 2018

Visto 135 veces

Presentación de D. Pedro rey

Presentación do conferenciante

Tintín, Milú, Hernández e Fernández, o profesor Tornasol... os personaxes de Hergé son de sobra coñecidos, pero o que poucos e poucas saben é que Tintín a piques estivo de chamarse en España Pepito e o profesor Tornasol de ser coñecido como profesor Mariposa. Son algunhas das curiosidades que este mércores descubriu Pedro Rey, experto na obra de Hergé, nun relatorio sobre a tradución que tivo lugar na Facultade de Filoloxía e Tradución. Con esta conferencia ponse fin á exposición sobre Tintín organizada polo grupo de Tradución e Paratradución no centro e na que se recollía parte da colección de Rey, unha da maiores de mundo

Presenta: José Yuste Frías
Profesor Titular do Departamento de Tradución e Lingüística, Investigador Principal do Grupo de Investigación TyP e Director dos programas Web-TV Zig-Zag, Exit e Pilulas TyP
Pedro Rey Sanchez
experto na obra de Hergé - coleccionista