Concerto COROlario 13-14. Coro Universitario de Vigo + Omega Big-Band 19 de xuño de 2014

Visto 2289 veces

Concerto COROlario 13-14. Coro Universitario de Vigo + Omega Big-Band

"THE SECOND SACRED CONCERT" de Duke Ellington

THE SECOND SACRED CONCERT Duke Ellington é considerado pola crítica como un dos máis importantes e influentes compositores de jazz da historia, xunto a Louis Armstrong, Char¬lie Parker e Miles Davis. Chegou a escribir unhas 2000 pezas musicais duran¬te toda a súa vida, aínda que as creadas en anacos de papel extraviados son incontables, polo que se estima que o total de obras compostas chega ata 5000 pezas. Entre estas, destacan os seus Sacred Concerts, segundo Ellington a música máis importante que xamais escribira, pero por mor da escala da música e a gran cantidade de artistas necesarios para executar cada traballo, os Sacred Concerts de cando en cando realizáronse desde a súa morte en 1974. Entre 1965 e 1973, Ellington escribiu tres obras masivas que combinan elementos de jazz, música clásica, música coral, espirituais, gospel, blues e danza. El chamounos concertos sagrados e tiveron lugar nas igrexas e catedrais de todo o mundo nos seguintes anos: 1965: primeiro concerto de música sacra na catedral da Graza en San Francisco. 1968: segundo concerto de música sacra na catedral de St. John en Nova York e na catedral de San Marcos, en New Canaan, Connecticut. 1973: terceiro concerto sagrado na abadía de Westminster, en Londres. Exactamente sete meses despois Duke Ellington morreu. Hoxe escoitaremos o segundo concerto sacro. Esta obra está dedicada ao Rvdo. John Garcia Gensel, pastor luterano.


Vídeos da mesma serie
Concerto COROlario 13-14. Coro Universitario de Vigo + Omega Big-Band
"THE SECOND SACRED CONCERT" de Duke Ellington
19 de xuño de 2014
Praise God
para coro e banda
19 de xuño de 2014
Heaven
para só de soprano, coro e banda
19 de xuño de 2014
Freedom-suite. To be contendede
para coro e banda
19 de xuño de 2014
Freedom
para coro, saxo alto e sección de ritmos
19 de xuño de 2014
Word you heard
para coro e banda
19 de xuño de 2014
Freedom is a Word & Sweet, fat and that
para coro, recitadora e sección de ritmos
19 de xuño de 2014
Freedom & To be contendede
para coro, coro falado e banda
19 de xuño de 2014
The Shepherd
para banda
19 de xuño de 2014
The majesty of god
para só de soprano, coro e banda
19 de xuño de 2014
Come Sunday
para só de soprano e coro
19 de xuño de 2014
David Danced befote de Lord
para só de percusión, coro e banda
19 de xuño de 2014
Almighty God
para coro e banda
19 de xuño de 2014
Too Good To Title (TGTT)
para só de soprano e piano
19 de xuño de 2014
Praise God and Dance. Finale
para só de soprano, coro e banda
19 de xuño de 2014