Quenda de preguntas a Marlena Krupa, Fernando Guzmán e Vanessa Silva
![]() ![]() |
"Quenda de preguntas a Marlena Krupa, Fernando Guzmán e Vanessa Silva"
Dª. Marlena Krupa
Uniwersytet Wroclawski e Universidade Complutense
Dr. Fernando Guzmán
Profesor do Departamento de Filoloxía Hispánica e Didáctica, Universidade de Huelva
Dª. Vanesa Silva
Universidade de Vigo |
Necesita instalar el Plugin de Flash
A poesía contemporánea está intimamente relacionada coas principais problemáticas da nosa actualidade- sexan estas filosóficas, sociolóxicas, históricas, políticas, sistémicas, etc. Producíuse un acordo unánime no sentido de que non é doado establecer unha dicotomía entre o 'lírico' e o 'non lírico', posto que isto significaría recaír no binarismo occidental. Ao contrario, é necesario enfocar o 'non lírico' como unha grande variedade de discursos formais, estéticos, mediais, teóricos, ideolóxicos, etc., que subxace, directa ou indirectamente, á maioría da produción poética do momento.

