Unha década sen Carlos Casares: narrador, tradutor e editor 26 de mar. de 2012

Visto 3423 veces

Unha década sen Carlos Casares: narrador, tradutor e editor

O pasado día 9 cumpríronse dez anos do pasamento do escritor Carlos Casares. É dificil esquecer o impacto emotivo que a súa perda, tan prematura como inagardada, supuxo para moitos do seus amigos, moito máis cando moi poucas horas antes puidemos velo no García Barbón participando na homenaxe que a Fundación Premios da Crítica Galicia rendeu a don Francisco Fernández del Riego. Alá foi xa unha década complexa na que sentimos a ausencia do home do sorriso tranquilo e da ollada acolledora, o galego cosmopolita que gozaba co espectáculo do mundo e cos seus avances tecnolóxicos que lle permitían demorarse na escritura da vida. Unha década na que afortunadamente foi reeditada toda súa obra narrativa e boa parte da xornalística, ademais de celebrada e divulgada a súa figura grazas ao bo traballo da fundación que leva o seu nome e do esforzo e compromiso da editorial Galaxia que dirixiu e modernizou durante dezasete anos.

Gustavo Garrido
Director Gerente en Fundación Carlos Casares