Alexandre Bóveda ou Galicia como paixón 18 de dec. de 2007

Visto 2953 veces

Alexandre Bóveda ou Galicia como paixón

Presentación da Cátedra Alexandre Bóveda Hora: 20.30h Lugar: Teatro Principal de Pontevedra Asisten: o reitor da universidade de Vigo, Alberto Gago; o director da Cátedra Alexandre Bóveda, Álvaro López Mira. O Teatro Principal de Pontevedra acolleu a presentación en sociedade da Cátedra Alexandre Bóveda, creada pola Universidade co obxectivo de difundir as ciencias sociais en Galicia. O acto contou coa participación de Xosé Manuel Beiras quen falou da vida e obra do galeguista no relatorio inaurugal Alexandre Bóveda ou Galicia como paixón. Tamén se contou coa actuación musical do cantautor Narf.

Xosé Manuel Beiras Torrado
Catedrático de Economía Aplicada, Universidade de Santiago de Compostela
Organiza: Álvaro López Mira
Director da Cátedra Alexandre Bóveda