Presentación de Manuel Alcántara 2 de nov. de 2016

Visto 625 veces

Presentación de Manuel Alcántara

O oficio de político no Século XXI

“Penso que é a gran tarefa pendente da democracia”. Deste xeito refírese o catedrático de Ciencia Política da Universidade de Salamanca Manuel Alcántara á necesidade de que os políticos e as políticas rendan contas da súa actuación. Na conferencia que imparte na tarde deste mércores na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, este experto salientou que o feito de que os políticos e políticas “son profesionais, é unha evidencia” desde o mesmo momento en que cobran polo seu labor. Mais algo que considera “lícito, porque están facendo un traballo e deben cobrar de acordo coas responsabilidades que teñan” debe vir acompañado ao seu xuízo polas condicións e “regras de xogo” que marque a cidadanía e que pasan, en primeiro termo, por esa rendición de contas.

Presenta: Álvaro Xosé López Mira
Profesor do Grao en Dirección e Xestión Pública, Universidade de Vigo
Manuel Alcántara
Catedrático de Ciencia Política, Universidade de Salamanca

Vídeos da mesma serie
Presentación de Manuel Alcántara
O oficio de político no Século XXI
2 de nov. de 2016
O oficio de político no Século XXI
Ciclo de conferencias de outono promovido polo Observatorio da Gobernanza G3-Área de Ciencia Política e da Administración.
2 de nov. de 2016