Presentación de Olga Castro 12 Abr, 2018

Visto 41 veces

Presentación de Olga Castro

A tradución, que nun mundo globalizado desempeña un papel fundamental na mediación cultural, é un aliado tamén do feminismo. Con esta premisa, Olga Castro, profesora titular e xefa da sección de Translation Studies na Aston University, en Birmingham, explicou o poder transformador desta disciplina na busca da igualdade entre homes e mulleres nunha conferencia impartida no salón de graos da Facultade de Filoloxía e Tradución. O relatorio encádrase nas actividades do programa de doutoramento Tradución e Paratradución, do que a poñente foi unha das súas primeiras alumnas. De feito, a súa tese titulada Tradución, xénero, nación: cara a unha teoría e práctica da tradución feminista, recibiu o Premio Extraordinario de Doutoramento. Agora regresa á Universidade de Vigo convertida nunha referencia internacional nos estudos feministas de tradución.

Presenta: Dª. Ana Luna
Profesora Titular del Departamento de Tradución e Lingüística e responsable do grupo Bitraga (Biblioteca da Tradución Galega), Universidade de Vigo
D.ª Olga Castro
Profesora, Aston University, Birmingham (Reino Unido)