Polos camiños do Sr. Antonio 6 Xuñ, 2008

Visto 7399 veces

Polos camiños do Sr. Antonio

IES Pontecaldelas - Pontecaldelas

O pasado venres día 6 celebrouse en Vigo a XIV edición de Ponte... nas ondas! con escolares dos dous lados do Miño. Un ano máis, Ponte nas Ondas celebrouse con grande éxito e numerosos apoios. Na XIV edición que tivo lugar o venres día 6 na Facultade de Telecomunicacións e no museo Verbum de Vigo, estudantes dun e outro lado do Miño realizaron a que é a festa do Patrimonio Inmaterial Galego Portugués. As novidades coas que contou nesta edición Ponte nas Ondas, foron a emisión televisiva en directo a través da internet contando coa colaboración UVigo-TV, así como a incorporación de escolares de Brasil, Arxentina, Chile, Colombia e Cuba. Alén diso, contan coas axudas do ProxectoTerra e das Universidades galegas.