Instituto de Idiomas. Universidad de Sevilla 30 de xuño de 2017

Visto 354 veces

Instituto de Idiomas. Universidad de Sevilla

Tanto na docencia como na investigación o inglés gaña cada vez máis peso nas institucións universitarias. Moitas universidades ofrecen titulacións completas ou materias neste ou noutros idiomas estranxeiros e poñen a disposición do alumnado e do persoal formación complementaria de idiomas para a mobilidade internacional e a I+D deseñando sistemas de acreditación de coñecementos lingüísticos. Isto responde á Estratexia para a Internacionalización das Universidades Españolas 2015-2020, pero neste contexto faise necesaria unha posta en común das estratexias de plurilingüismo que se están a desenvolver en cada universidade, algo que durante os tres próximos días se debaterá en Vigo no marco do X Congreso da Asociación de Centros de Linguas no Ensino Superior, ACLES. O obxectivo deste simposio bianual, que se celebra por primeira vez en Galicia entre hoxe e o sábado, é “analizar este novo papel dos Centros de Linguas como instrumento clave na internacionalización das nosas universidades e compartir boas prácticas en internacionalización a través das linguas”, como explica a profesora viguesa Esperanza Rama, presidenta do Comité Organizador.

Presenta: Fina Casal Martínez
Fundación Universidade de Vigo (FUVI)
Norbert Busch
Director do Instituto de Idiomas, Universidad de Sevilla