Intervención da vicerreitora de Esdudantes 13 de abr. de 2015

Visto 1593 veces

Intervención da vicerreitora de Esdudantes

Nesta xornada de portas abertas, varios centros participaron de xeito conxunto nunha serie de actividades especificamente deseñadas para eles. Así, tralo acto de benvida no que o alumnado foi agasallado cunha bolsa con información sobre a Universidade e produtos doados por Gadis e o Servizo de Deportes, os e as estudantes distribuídos en grupos, participaron en tres rutas baseadas nas ramas científica, tecnolóxica e xurídico-social/humanística, tomando parte en obradoiros, actividades en laboratorios e xincanas nas escolas de Telecomunicación, Industriais e Minas e nas facultades de Bioloxía, Química, Ciencias do Mar, Filoloxía e Tradución, Ciencias Económicas e Empresariais e Ciencias Xurídicas e do Traballo. No transcurso desas actividades os e as mozas achegáronse ás titulacións que se imparten neses e noutros centros, como Xeografía e Historia e Comercio. Con 96 estudantes o IES Rosais 2 foi o centro que máis alumnado trouxo a esta xornada de portas de abertas no campus de Vigo, seguido do IES Carlos Casares con 84 e o IES As Barxa de Moaña con 60. Completaron a relación de centros participantes nesta iniciativa os IES Coruxo, Primeiro de marzo, Espiñeira, San Tomé de Freixeiro, Salvaterra de Miño e Álvaro Cunqueiro e o CPR plurilingüe Barreiro.

Vicerreitora de Estudantes, Universidade de Vigo
Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor, Universidade de Vigo
Virxinia Barro
Directora, IES Álvaro Cunqueiro