Ronda de Preguntas: traballar para algúen... ou crear a tua propia empresa? 8 Mar, 2018

Visto 2531 veces

Ronda de Preguntas: traballar para algúen... ou crear a tua propia empresa?

Mesa redonda

Estes días (até hoxe ao mediodía) celebrouse nas tres enxeñarías do Campus de Vigo (Minas e Enerxía, Industrial e Telecomunicación) a 28 edición do Foro Tecnolóxico de Emprego. Os organizadores do encontro (o alumnado das ditas escolas) puxeron todo da súa parte para superar os 2.500 currículos recollidos na convocatoria do ano pasado, cousa que de seguro confirmarán os días vindeiros. Na cita participaron empresas “clásicas” no foro (Repsol, a operadora de telecomunciacións R, Aluminios Cortizo ou BorgWarner, entre outras) e outras que se estrearon, como por exemplo Televés ou EDF Solar ou Norvento. En total, concorreron medio cento de firmas, 33 con stand de seu. A xuntanza acolleu unha manchea de conferencias, workshops e mesas redondas.

Presenta: Roberto Pérez Marijuán
Consultor e formador experto en NEUROMÁRKETING. Speaker
Brais Piñeiro
Feetly
Javier Trillo Fontán
DEGALTEC
José Antonio Araujo de Miguel
The Community
D. Iago González Fernández
Socio Fundador de DQbito Ing. Biomédica