Aplicación practica das tecnoloxías audiovisuais en rede para a docencia dunha materia regrada de Enxeñaría Industrial 11 Dec, 2009

Visto 4272 veces

Aplicación practica das tecnoloxías audiovisuais en rede para a docencia dunha materia regrada de Enxeñaría Industrial

As novas tecnoloxías aplicadas ao ensino e a implicación do alumnado no desenvolvemento das actividades propostas polos docentes foron o eixo da IV Xornada de Innovación Educativa que tivo lugar nas Facultade de Ecconómicas e Ciencias Xurídicas e do Traballo organizada pola Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa. O seminario acolleu a máis de 130 docentes, algúns deles encargados de expoñer as súas experiencias resumidas nun total de 60 relatorios nos que deron a coñecer as dificultades e logros acadados cos seus proxectos e iniciativas, que serviron como exemplo para outros docentes que están a poñer en práctica os seus propios métodos.

Presenta: D. Alberto Vaquero García
Profesor do Departamento de Economía Aplicada, Universidade de Vigo
D. José Ignacio Armesto Quiroga
Departamento de Ingeniería de Sistemas y Automática, Universidade de Vigo