Implantación dun proceso de avaliación continua cunha plataforma de telensino. 11 Dec, 2009

Visto 4688 veces

Implantación dun proceso de avaliación continua cunha plataforma de telensino.

As novas tecnoloxías aplicadas ao ensino e a implicación do alumnado no desenvolvemento das actividades propostas polos docentes foron o eixo da IV Xornada de Innovación Educativa que tivo lugar nas Facultade de Ecconómicas e Ciencias Xurídicas e do Traballo organizada pola Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa. O seminario acolleu a máis de 130 docentes, algúns deles encargados de expoñer as súas experiencias resumidas nun total de 60 relatorios nos que deron a coñecer as dificultades e logros acadados cos seus proxectos e iniciativas, que serviron como exemplo para outros docentes que están a poñer en práctica os seus propios métodos.

D. Pedro Comesaña Alfaro
Profesor do Dpto. de Teoria e Sinal, Universidade de Vigo