Eficacia da aprendizaxe cooperativa e por tarefas: experiencia nunha materia adaptada ao EEES 11 Dec, 2009

Visto 5550 veces

Eficacia da aprendizaxe cooperativa e por tarefas: experiencia nunha materia adaptada ao EEES

As novas tecnoloxías aplicadas ao ensino e a implicación do alumnado no desenvolvemento das actividades propostas polos docentes foron o eixo da IV Xornada de Innovación Educativa que tivo lugar nas Facultade de Ecconómicas e Ciencias Xurídicas e do Traballo organizada pola Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa. O seminario acolleu a máis de 130 docentes, algúns deles encargados de expoñer as súas experiencias resumidas nun total de 60 relatorios nos que deron a coñecer as dificultades e logros acadados cos seus proxectos e iniciativas, que serviron como exemplo para outros docentes que están a poñer en práctica os seus propios métodos.

D. Javier Montalvo Rodríguez
Profesor titular do dpto. de Ecoloxía e Bioloxía Animal, Universidade de Vigo