Intervención de Ernesto Pedrosa Silva. Presidente do Consello Social da Universidade de Vigo 15 Dec, 2015

Visto 1303 veces

Intervención de Ernesto Pedrosa Silva. Presidente do Consello Social da Universidade de Vigo

O proxecto de especialización articulado arredor das áreas estratéxicas da arte, comunicación e creatividade; educación, innovación social e xestión pública; deporte, saúde e benestar, e medio ambiente e natureza, e que engade ao seu nome o termo S2i ao apostar pola innovación social e sustentable, celebrou nesta xornada no Auditorio Afundación a súa posta de longo. Fíxoo nun acto conducido pola presentadora Marga Pazos, premio á mellor comunicadora nos Mestre Mateo deste ano e egresada da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, no que a comunidade universitaria se viu arroupada por representantes institucionais e do tecido social, empresarial e asociativo da cidade. Entre eles, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; a presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo; ou a alcaldesa en funcións, Carmen Da Silva.

Presenta: Marga Pazos
Periodista e presentadora da gala
D. Ernesto Pedrosa
Presidente do Consello Social da Universidade de Vigo