Investidura de María Inmaculada Paz-Andrade como Doutora Honoris Causa pola Universidade de Vigo 2 Mai, 2018

Visto 77 veces

Investidura de María Inmaculada Paz-Andrade como Doutora Honoris Causa pola Universidade de Vigo

Considerada unha referencia mundial nos ámbitos da microcalorimetría e calorimetría diferencial de barrido, a catedrática de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela María Inmaculada Paz Andrade foi a primeira muller nomeada, en 1979, visiting research professor da Universidade de Manchester. Previamente, en 1964, foi tamén a primeira profesora adxunta interina na USC, onde en 1983 se convertería na primeira catedrática de Física Aplicada e preto de tres décadas despois sería tamén a primeira investigadora recoñecida coa medalla de ouro da Real Sociedad Española de Física. Este mércores, aos seus 89 anos converteuse na primeira pontevedresa nomeada doutora honoris causa pola Universidade de Vigo nun acto celebrado na Escola de Enxeñaría Forestal, a carón da parroquia de Lérez, onde naceu en 1928.

Presenta: D. Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor, Universidade de Vigo
Dra María Inmaculada Paz Andrade
Catedrática de Física Aplicada, USC