Apertura das "Xornadas Xénero, Masculinidade e Transculturalidade. É a sexualidade unha ideoloxía?" 25 de nov. de 2015

Visto 986 veces

Apertura das "Xornadas Xénero, Masculinidade e Transculturalidade. É a sexualidade unha ideoloxía?"

Na cultura occidental o habitual é falar de dous xéneros, o masculino e o feminino. Pero esa “realidade” non é tal senón unha construción social. Noutras comunidades os xéneros son tres, son cinco ou mesmo sete. Os días 25 e 26 de novembro, o campus de Ourense acollerá as xornadas Xénero, masculinidades e transculturalidade. É a sexualidade unha ideoloxía?. Nelas afondarase na cuestión de xénero desde un punto de vista antropolóxico e etnográfico deténdose especialmente a analizar a construción da identidade masculina na sociedade española actual.

Presenta: Xose Manuel Cid Fernández
Facultade de Ciencias da Educación Ourense
Fátima Braña
Antropóloga Profesional, Universidade de Vigo
Águeda Gómez Suárez
Directora da Unidade de Igualdade, Universidade de Vigo.
Anabel González Penín
Directora da Área de Igualdade, Universidade de Vigo