Acto de presentación do Campus de Especialización Vigo Tecnolóxico 16 de maio de 2018

Visto 152 veces

Acto de presentación do Campus de Especialización Vigo Tecnolóxico

Asistimos á entrega da insignia de ouro da Universidade de Vigo a José Antonio Vilán

“Neste momento, se o Vigo Tecnolóxico fose un barco, nesta cidade de estaleiros, hoxe estaríamos na súa botadura”. Con estes termos describiu Edita de Lorenzo, comisionada do Vigo Tecnolóxico, o momento no que atopa o campus de especialización de Vigo, no que máis de 600 profesionais da Universidade de Vigo desenvolven o seu labor nos ámbitos da biomedicina, a industria e a enerxía, as telecomunicacións e o espazo. O Vigo Tecnolóxico foi presentado publicamente esta tarde nun acto celebrado na sede Afundación, no que se rendeu homenaxe, entregándolle a insignia de ouro da Universidade, a quen foi o seu primeiro comisionado, o exvicerreitor José Antonio Vilán, que prosegue co proceso de recuperación do atropelo que sufriu, cando circulaba en bicicleta en marzo de 2016.

Presenta: Mago Xacobe
Edita de Lorenzo Rodríguez
Comisionada do Vigo Tecnolóxico, Universidade de Vigo
Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor, Universidade de Vigo
José Antonio Vilán Vilán
1º Comisionado do Vigo Tecnolóxico, Universidade de Vigo
Jaime Rosales
DJ e egresado da Universidade de Vigo