Número de maxia 16 de maio de 2018

Visto 67 veces

Número de maxia

“Neste momento, se o Vigo Tecnolóxico fose un barco, nesta cidade de estaleiros, hoxe estaríamos na súa botadura”. Con estes termos describiu Edita de Lorenzo, comisionada do Vigo Tecnolóxico, o momento no que atopa o campus de especialización de Vigo, no que máis de 600 profesionais da Universidade de Vigo desenvolven o seu labor nos ámbitos da biomedicina, a industria e a enerxía, as telecomunicacións e o espazo. O Vigo Tecnolóxico foi presentado publicamente esta tarde nun acto celebrado na sede Afundación, no que se rendeu homenaxe, entregándolle a insignia de ouro da Universidade, a quen foi o seu primeiro comisionado, o exvicerreitor José Antonio Vilán, que prosegue co proceso de recuperación do atropelo que sufriu, cando circulaba en bicicleta en marzo de 2016.

Presenta: Mago Xacobe