Apertura de la jornada 3 de maio de 2017

Visto 126 veces

Apertura de la jornada

A Escola de Enxeñaría e Telecomunicación acolle o Atlantic Geospatial Day, unha xornada organizada polo Mestrado de Xeoinformática, coa finalidade de abrir o sector xeoespacial ao público en xeral. Esta segunda xornada céntrase no papel dos drones na insdustria xeoespacial. O programa conta coa participación de representantes de destacadas empresas do sector como GMV, Indra, Babcock, Marine Instruments, Inta, Ingeniería Insitu, Fosbos Solutions, Aerialworks e UAV Instruments. A actividade reune a investigadoras e investigadores do ámbito da xeoinformática, un campo profesional centrado no estudo dos datos xeográficos e espaciais xerados a través do emprego das novas ferramentas dixitais, e será un lugar de intercambio de información entre todos os axentes interesados no desenvolvemento do sector, tanto para a adquisición de coñecemento como para o establecemento de redes de colaboración e traballo.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor, Universidade de Vigo
Iñigo Cuiñas Gómez
Director da Escola de Enxeñería de Telecomunicación, Universidade de Vigo
Natalia Caparrini Marín
Directora da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas, Universidade de Vigo
Arno Formella
Director da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, Universidade de Vigo
Ignacio Azqueta Ortiz
Director Xeral, Instituto Nacional de Técnica Aeroesacial