Benvida e apertura da mesa redonda "A formación e práctica da tradución e interpretación" 23 Set, 2016

Visto 1285 veces

Benvida e apertura da mesa redonda "A formación e práctica da tradución e interpretación"

A formación e practica da tradución e interpretación

Moita ilusión, esforzo, compromiso e, por que non, unha pinga de sorte. Estes parecen ser os ingredientes básicos para unha receita moi particular, a do éxito profesional, neste caso no eido da Tradución e a Interpretación. María Reimóndez, Eva Almazán e Rosa Camiña, alumnas das primeiras promocións do Grao en Tradución e Interpretación e hoxe profesionais de prestixio volveron este venres ao campus para compartir cos seus futuros compañeiros e compañeiras, hoxe estudantes, lembranzas, vivencias e consellos que os axuden a abrirse paso no mercado laboral. Que as levou a estudar esta titulación, inexistente ata aquel momento en Galicia, como foron os seus inicios profesionais ou que papel tivo a súa formación en relación aos avances acadados na normalización do galego foron algúns dos temas que tiveron a oportunidade de tratar ao longo da mesa redonda 25 anos de formación de tradutores e intérpretes na FFT, actividade organizada pola Delegación de Alumnado coa colaboración da profesora Ana Luna, responsable do Grupo Bitraga, ao abeiro das actividades organizadas con motivo do 25 aniversario da titulación e da celebración do Día Internacional da Tradución. Deulles a benvida o decano do centro, Luis Alonso Bacigalupe, que non puido evitar enorgullecerse da exitosa traxectoria profesional destas tres exalumnas. Tras a súa intervención, Manuel Arca, presidente da Delegación de Alumnado, encargouse de resumir con máis detalle o currículo de cada unha e, xa despois, foron elas as que comezaron o intercambio de impresións, cunha mesma pregunta como punto de partida: por que te decantaches por Tradución e Interpretación?

Presenta: Luis Alonso Bacigalupe
Decano, Facultade de Filoloxía e Tradución
Manuel Arca
Presidente, Delegación de Alumnado FFT
Vídeos da mesma serie
Benvida e apertura da mesa redonda "A formación e práctica da tradución e interpretación"
A formación e practica da tradución e interpretación
23/09/2016
Que é AGPTI, Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación
Mesa redonda: A formación e practica da tradución e interpretación
23/09/2016
Ex-alumnas de Tradución e Interpretación comparten lembranzas, vivencias e consellos para os estudantes do grao en Tradución e Interpretación
Convidadas pola Delegación de Alumnado, tres dos nomes máis destacados do panorama nacional neste eido
23/09/2016
Quenda de preguntas. Lembranzas, vivencias e consellos para os estudantes do grao en Tradución e Interpretación
Mesa redonda: A formación e practica da tradución e interpretación
23/09/2016
Mostra "O principiño ao redor do mundo. A colección de Carlos Casares"
A exposición pode visitarse no vestíbulo da facultade ata o vindeiro día 20 de outubro
20/09/2016
A tradución de "O principiño" de Carlos Casares representa o “texto fundacional da literatura galega traducida”
Punto de partida dos actos de celebración do 25 aniversario dos estudos de Tradución e Interpretación
20/09/2016
A tradución “foi un dos seus primeiros labores como tradutor, faceta á que se dedicou bastante máis tempo do que se ten sinalado"
Punto de partida dos actos de celebración do 25 aniversario dos estudos de Tradución e Interpretación
20/09/2016
Carlos estaría hoxe moi satisfeito de que todo este esforzo que fixo por acadar esta colección esté hoxe exposto nesta Facultade de Filoloxía e Tradución"
Punto de partida dos actos de celebración do 25 aniversario dos estudos de Tradución e Interpretación
20/09/2016
Llembranza de varias anécdotas vividas na súa época de estudante con Carlos Casares e vivencias durante os difíciles inicios da posta en marcha da titulación
Punto de partida dos actos de celebración do 25 aniversario dos estudos de Tradución e Interpretación
20/09/2016
“As diferentes traducións –arredor de 260- inclúen idiomas como o afgano, o somalí, o tamir e mesmo xeroglíficos exipcios”
Punto de partida dos actos de celebración do 25 aniversario dos estudos de Tradución e Interpretación
20/09/2016