Investidura de Emilio Rolán, como Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo 22 de xuño de 2016

Visto 1106 veces

Investidura de Emilio Rolán, como Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo

Erín Moure e Emilio Rolán son desde este mediodía os novos doutores honoris causa pola Universidade de Vigo, que xa fixo entrega da súa máxima distinción a un total de 26 persoas ao longo dos seus case 26 anos de existencia. A tradutora canadense converteuse hoxe na segunda muller, tras Lynn Margulis, en recibir o grao de doutora honoris causa, neste caso polo seu traballo a prol da lingua galega e as súas traducións ao inglés de poetisas como Rosalía de Castro, Chus Pato e Lupe Gómez. Pola súa banda, con máis de 1200 novas especies de moluscos descritas, que o acreditan como o taxónomo mariño máis produtivo do mundo, Emilio Rolán, foi, tras Moure, o encargado de recoller os atributos que o converten en honoris: o diploma, o barrete, o libro da ciencia e da sabedoría, o anel, as luvas brancas e a medalla. O salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais acolleu a investidura da e do doutor honoris causa, que agradeceron a honra recibida, lembrando, no caso de Moure a todas as persoas que a axudaron desde hai case dúas décadas na aprendizaxe do galego, e no de Rolán algúns dos aspectos máis destacados do traballo do taxónomo.

Presenta: Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor, Universidade de Vigo
Emilio Rolán
Explorador, taxónomo mariño, escritor, músico ocasional; excelente pintor e laureado deportista