Detrás de ELISA: Detección ultrasensible de biomarcadores de enfermidades a través do crecemento de nanopartículas guiado por enzimas 21 Nov, 2013

Visto 1834 veces

Detrás de ELISA: Detección ultrasensible de biomarcadores de enfermidades a través do crecemento de nanopartículas guiado por enzimas

O Instituto de Investigación Biomédica de Vigo (IBIV), no marco do proxecto BIOCAPS, celebrou o “Primeiro Congreso Internacional de Investigación e Innovación Biomédica” os día 21 e 22 de novembro do 2013 en Vigo, España. Este evento aborda os aspectos máis importantes da investigación e da innovación biomédica nas áreas: Ciencias neurolóxicas e enfermidades raras; enfermidades infecciosas, inflamación e inmunidade; endocrinoloxía, metabolismo e nutrición; biomateriais, enxeñaría de tecidos e medicina rexenerativa; novas ferramentas para o diagnóstico e o tratamento; envellecemento e enfermidades cardiovasculares; e innovación biomédica. En cada área expoñen os seus traballos investigadores de renome. O congreso pretender ser un referente na investigación e na innovación biomédica; así como un punto de encontro entre científicos, organismos públicos e empresas e a sociedade.

Roberto de la Rica Quesada
Investigador do Grupo Stevens, Imperial College London, South Kensington Campus