BIOCAPS (Biomedical Capacities Support Program) 21 Nov, 2013

Visto 1844 veces

BIOCAPS (Biomedical Capacities Support Program)

O Instituto de Investigación Biomédica de Vigo (IBIV), no marco do proxecto BIOCAPS, celebrou o “Primeiro Congreso Internacional de Investigación e Innovación Biomédica” os día 21 e 22 de novembro do 2013 en Vigo, España. Este evento aborda os aspectos máis importantes da investigación e da innovación biomédica nas áreas: Ciencias neurolóxicas e enfermidades raras; enfermidades infecciosas, inflamación e inmunidade; endocrinoloxía, metabolismo e nutrición; biomateriais, enxeñaría de tecidos e medicina rexenerativa; novas ferramentas para o diagnóstico e o tratamento; envellecemento e enfermidades cardiovasculares; e innovación biomédica. En cada área expoñen os seus traballos investigadores de renome. O congreso pretender ser un referente na investigación e na innovación biomédica; así como un punto de encontro entre científicos, organismos públicos e empresas e a sociedade.

África González-Fernández
Coordinadora, Proxecto BIOCAPS