Discurso do novo reitor da Universidade de Vigo 8 de xuño de 2018

Visto 55 veces

Discurso do novo reitor da Universidade de Vigo

Manuel Reigosa Roger convértese no sexto reitor da Universidade de Vigo co obxectivo de “que os moitos sorrisos que miro estes días polo campus os siga mirando dentro de catro anos”. Así remataba o seu discurso de toma de posesión, no que agradeceu os apoios recibidos, así como o traballo do seu equipo de goberno e mesmo a “campaña limpa e nobre realizada por Emilio Fernández”. O discurso do reitor, no que avanzou algunhas das súas liñas estratéxicas de traballo para os próximos anos, sucedeu ao pronunciado por Salustiano Mato que asegurou marchar “coa sensación do deber cumprido e coa ledicia de ver á Universidade situada nos eidos máis salientables do ámbito nacional e internacional”. Mato, que agradeceu o traballo desenvolvido polo seu equipo, polo PAS e o PDI e por diferentes institucións, ofreceuse a axudar ao seu sucesor e marchar “coa Universidade de Vigo na cabeza e no corazón”.

Presidente, Xunta de Galicia
Reitor, Universidade de Vigo