Ortotipografía e Tradución 10 Xuñ, 2010

Visto 8350 veces

Ortotipografía e Tradución

Esta Pílula TeP gravouse e editouse na rede para a súa presentación como relatorio noVII Congreso Internacional de Tradución: Os elementos paratextuais en tradución. No Congreso o Grupo T&P presentou 10 contribucións como pode comprobarse no Programa del Congreso. Nesta pilula, José Yuste Frías afianza o concepto de «paratradución» ofrecendo en pantalla unha aplicación práctica do mesmo na tradución dos aspectos tipográficos nos libros infantís. Para asegurar o éxito da tradución dun libro infantil, o tradutor debe ler e interpretar cada un dos elementos textuais e paratextuais que constrúen o imaxinario da obra que traduce: as palabras, as imaxes, os sons, os movementos e ata os cheiros presentes en cada texto e en cada paratexto. Un tradutor traduce textos e paratraduce paratextos. Para todo/a tradutor/a, o concepto de paratradución creado en Vigo resulta de gran utilidade á hora de intentar describir e definir esa zona imprecisa e indecisa no tempo tradutor e no espazo editorial nos cales se sitúa sempre o profesional da tradución cando vai publicar, por fin, o seu traballo.

Dr. D. José Yuste Frías
Profesor Titular do Departamento de Tradución e Lingüística. Director dos programas Web-TV Zig-Zag, EXIT e Píldoras TyP, Investigador Principal do Grupo de Investigación TyP
Vídeos da mesma serie
Que Memória ensinar com os depoimentos dos sobreviventes do Holocausto escritos em português e espanhol?
Os casos de Stanislaw Szmajzner, Émile Henry, Dunia Wasserstrom, Violeta Friedman e Mercedes Núñez Targa.
25/09/2017
Le cas du lagerdolmetscher
Memoria e traducción: o caso particular da práctica da interpretación nos campos de concentración nazis
21/03/2017
The actual situation, the needs and the prospects of interpreting and translation in the immigration setting in Poland
Migración e tradución: a práctica da Tradución e Interpretación no Medio Social (TIMS) en Polonia
21/03/2017
Parley-Voo: a exposición
Exposición ICOTI para o seminario de Antropoloxía visual do Programa Doutoral Tradución & Paratradución (T&P)
20/12/2016
A bisagra caqui
Intérpretes como cemento do campo aliado
20/12/2016
POWs
A instrumentalización da figura de intérprete
20/12/2016
Somewhere in France
Tradución, interpretación e censura
20/12/2016
O tenente no pico da escada
Un intérprete na foto do armisticio
20/12/2016