Presentación da tradución de Cantares Gallegos ao ruso 25 de set. de 2013

Visto 3807 veces

Presentación da tradución de Cantares Gallegos ao ruso

Elena Zernova, primeira tradutora da literatura galega ao ruso, visitou este mércores a Facultade de Filoloxía e Tradución convidada polo grupo de investigación Bitraga, Biblioteca de Tradución Galega. Comezou a estudar o galego a finais dos anos setenta sen telo escoitado nunca e máis de trinta anos despois coordina un proxecto de tradución de obras galegas ao ruso que se iniciou nos anos 90 e que leva publicados xa 18 tomos.

Elena Zernova
Universidade Estatal de San Petersburgo