Experto en Escritura e reescrituras literarias da Idade Media
Este título consta dun programa modular no que catro dos seus cinco módulos (módulos 1, 2, 3 e 4) poden cursarse individualmente como cursos avanzados de posgrao.
O título está pensado dende unha perspectiva dobre. A partir dun punto de vista sincrónico, estúdase a produción literaria do tempo dos reis Enrique III (1370-1406) e Juan II (1405-1455) no seu contexto social, político e cultural, para abordar, diacrónicamente xa, a relectura que deses nomes e dese contexto leva a cabo na literatura posterior, ata os nosos días. A reescritura do tempo do Rey Doente e do seu fillo Juan, coloca ante a recepción áurea, oitocentista e contemporánea un século de esplendor literario e extraordinaria conflitividade no fin da Idade Media, que os intelectuais de cada tempo len, relén e adaptan para falar, en definitiva, da súa propio presente.
A partir desta proposta, que se desenvolve en catro módulos, un quinto aborda técnicas e ferramentas para adaptar esta temática ao ensino en calqueira nivel.
Español
Vistas totales:
87