Servizo
Descripción
Uvigo-TV é un servizo
de televisión por Internet prestado pola Área das Tecnoloxías
da Información e as Comunicacións (ATIC) da Vicerreitoría
de Novas Tecnoloxías e Calidade da Universidade de Vigo.
Agrupa tódolos servizos de transmisión
de vídeo sobre Internet da Universidade de Vigo, poñendo
á disposición dos usuarios da Universidade contidos audiovisuais
de carácter educativo e institucional.
Uvigo-TV, como televisión corporativa sobre
Internet, permite a transmisión en directo de eventos a toda
a rede de Uvigo ou a todo Internet, según se desexe. A súa
recepción faise a través do computador persoal coa mesma
facilidade que a visión dunha páxina web. Asimesmo, este
sistema permite gravar eses eventos e facelos dispoñibles baixo
demanda a través da Videoteca de Uvigo-TV.
Para poder visualizar correctamente
Uvigo-TV no seu equipo recoméndase ter instalada a última
versión actualizada do reproductor Windows
Media Player. É recomendable o emprego de Internet
Explorer como navegador, aínda que tamén será
posible a recepción de Uvigo-TV desde Linux ou Mac, facendo
uso dos programas axeitados para a reproducción. Para poder
acceder a Uvigo-TV en directo só é preciso premer
en Uvigo-TV
en directo.
Solicitudes
Para a retransmisión
dos eventos en directo requírese a solicitude do servizo a tv@uvigo.es.
Para retransmisión de actos e o depósito de documentos
na Videoteca de Uvigo-TV necesítanse os permisos legais correspondentes
por parte dos poñentes.
Pode solicitar que se lle envíen á
súa conta de correo electrónico notificación das
próximas transmisións que realizará Uvigo-TV en
directo e avisos das últimas incorporacións á Mediateca
do Servizo.