Buscar obxectos multimedia

Resultados da busca totais: 25362

43' 46'' serial_pic
Homenaxe o docente, investigador e vicerreitor Manuel Ramos
Decenas de compañeiros e compañeiras da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación; da vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado e a súa áreas e servizos; o equipo de goberno en funcións; os reitores das universidades de Santiago de Compostela e A Coruña e membros da comunidade universitaria asisten á homenaxe a Ramos, na que se pon de manifesto o respecto e cariño que lle profesaron as persoas que o coñeceron. A súa viúva e os seus fillos foron testemuñas, a través das palabras de quen o tratou, da pegada que Ramos deixou na Universidade de Vigo, na que desde a súa chegada a principios da década de 1990 participou activamente en tarefas docentes, investigadoras, de xestión e sindicais, acadando co paso dos anos os postos de catedrático e vicerreitor. A música do docente Xosé Constenla, acompañado por Javier Constenla e Pilar Martínez e a palabra son os protagonistas dunha “oportunidade para despedir a un amigo co que lle gustaba”, nos traslada a vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais, Mónica Valderrama, encargada de conducir o acto, no que os seus colegas e amigos e amigas Cristina Gallego, Alfonso Lago, María José Moure, Rebeca Díaz, José Pazos, Luis Anido, Betty León, José Santos, Yolanda Blanco e Cándido López gaban a Manolo: traballador infatigable, amigo dos seus amigos, o enxeñeiro total, nobre, loitador pola igualdade e polo profesorado, humilde, xeneroso … Fuente: DUVI
Galego
Vistas totales: 199