Xincana Bike Pont-Up Store17 22 de set. de 2017

Visto 343 veces

Xincana Bike Pont-Up Store17

O Pont-Up Store é unha iniciativa de apoio ao emprendemento, aberta a toda a cidadanía, e que centra os seus esforzos no incremento da cultura emprendedora na sociedade. No marco do Campus Crea este encontro é unha decidida aposta pola creatividade e o emprendemento para o desenvolvemento persoal e da sociedade en xeral. Tralo éxito das pasadas edicións, o Pont Up Store 2017 consolídase como ESPAZO DE REFERENCIA DO NOVO EMPRENDEMENTO en Galicia, como amosan os preto de 150 proxectos de emprendemento reais e en funcionamento que son a mostra da capacidade de iniciativa e creatividade existente en Galicia e outros territorios do noroeste peninsular. Estes proxectos proveñen dun gran abano de sectores de actividade procedentes tanto do ámbito urbano coma do rural cunha gran calidade contrastada derivada dun rigoroso proceso de selección das numerosas candidaturas recibidas cada edición.