"Camp Tecnológico Galicia organiza no Pont-Up Store o evento “Educación, familia e tecnoloxía” 22 de set. de 2017

Visto 340 veces

"Camp Tecnológico Galicia organiza no Pont-Up Store o evento “Educación, familia e tecnoloxía”

O Pont-Up Store é unha iniciativa de apoio ao emprendemento, aberta a toda a cidadanía, e que centra os seus esforzos no incremento da cultura emprendedora na sociedade. No marco do Campus Crea este encontro é unha decidida aposta pola creatividade e o emprendemento para o desenvolvemento persoal e da sociedade en xeral. Tralo éxito das pasadas edicións, o Pont Up Store 2017 consolídase como ESPAZO DE REFERENCIA DO NOVO EMPRENDEMENTO en Galicia, como amosan os preto de 150 proxectos de emprendemento reais e en funcionamento que son a mostra da capacidade de iniciativa e creatividade existente en Galicia e outros territorios do noroeste peninsular. Estes proxectos proveñen dun gran abano de sectores de actividade procedentes tanto do ámbito urbano coma do rural cunha gran calidade contrastada derivada dun rigoroso proceso de selección das numerosas candidaturas recibidas cada edición.

Presenta: Pedro Figueroa Dorrego
Director Pont-Up Store, Director do Grupo de Investigación G4 Plu da Universidade de Vigo, e Director do Observatorio Urbano de Pontevedra.
Carmen San Martín
Directora, Camp Tecnológico Galicia