AIRIÑOS AIRIÑOS AIRES | Rosalía de Castro | UVIGO 11 de mar. de 2020

Visto 44 veces

AIRIÑOS AIRIÑOS AIRES | Rosalía de Castro | UVIGO

Facultade de Ciencias da Educación

Agradecementos pola participación no Día de Rosalía 2020 ao alumnado de Educación Infantil e Primaria matriculado nas materias de:
Lingua galega
Desenvolvemento motor
Didáctica da Lingua e da Literatura infantil
Aprendizaxe das ciencias sociais
Novas tecnoloxías
Didáctica das artes plásticas e visuais
Expresión e linguaxe musical

-----------------------------------------------------
Airiños, airiños aires,
airiños da miña terra;
airiños, airiños aires,
airiños, levaime a ela.

Sin ela vivir non podo,
non podo vivir contenta,
que adonde queira que vaia,
cróbeme unha sombra espesa.
Cróbeme unha espesa nube,
tal preñada de tormentas,
tal de soidás preñada,
que a miña vida envenena.
Levaime, levaime, airiños,
como unha folliña seca,
que seca tamén me puxo
a callentura que queima.
¡Ai!, si non me levás pronto,
airiños da miña terra;
si non me levás, airiños,
quisai xa non me conesan,
que a frebe que de min come,
vaime consumindo lenta,
e no meu corazonciño
tamén traidora se ceiba.

Levaime, levaime, airiños,
levaime a donde me esperan
unha nai que por min chora,
un pai que sin min n'alenta,
un irmán por quen daría
a sangre das miñas venas,
e un amoriño a quen alma
e vida lle prometera.
Si pronto non me levades,
¡ai!, morrerei de tristeza,
soia nunha terra estraña,
donde estraña me alomean,
donde todo canto miro
tomo me dice: "¡Extranxeira!"

Presenta: Facultade de Ciencias da Educación
Edificio de Facultades As Lagoas s/n 32004 Ourense, Universidade de Vigo
Autor/a: Juan Ramos
Música
Autor/a: Carol Sospedra
Voz

Vídeos da mesma serie