Quenda de preguntas. Máis aló dos límites 17 de mar. de 2021
Visto 10
veces
Quenda de preguntas. Máis aló dos límites
O regatista olímpico Roberto Bermúdez de Castro, participante en sete roldas do mundo e dúas da Copa América, participará no ciclo de conferencias Coloquios en tempos de pandemia organizado pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e a Fundación Mentor.
Bermúdez de Castro, coñecido como Chuny, é enxeñeiro industrial pola Universidade de Vigo. Participou en sete edicións da Volvo Ocean Race e formou parte da tripulación de Abu Dhabi que gañou a edición 2014-15. Tamén foi membro do equipo Challenge español da Copa América '95 na Copa América en 1995 e do Challenge español na Copa América 2000 e competiu coa selección española nos Xogos Olímpicos de Atenas de 2004 en clase Star.
i18n.one.Series:
Máis aló dos límites
Roberto Bermúdez de Castro M.
Participante en sete voltas ao mundo e dúas Copa América
Modera:
Jorge Falagán
Decano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais , Universidade de Vigo
Vídeos da mesma serie