Quenda de preguntas. 3ªsesión das Xornadas de Captación de talento na función Pública 25 de nov. de 2021
Quenda de preguntas. 3ªsesión das Xornadas de Captación de talento na función Pública
A falta de canteira, sobre todo nos niveis máis altos da Administración, é unha das preocupacións que levou á Dirección General de la Función Pública –Ministerio de Política Territorial- a pór en marcha un Programa de Captación de Talento, unha iniciativa coa que mellorar a imaxe da Administración Xeral do Estado como empregadora e coa que garantir a incorporación de suficientes persoas no sector público capaces de desenvolver con éxito os mellores servizos públicos. Neste contexto, este venres arrancaron na Universidade de Vigo as Xornadas de captación de talento na función pública, un ciclo de catro sesións informativas que se levarán a cabo a través de Campus Remoto todos os venres de novembro como parte do programa Outonos Empregables, organizado pola Área de Emprego e Emprendemento
Fonte: DUVI