X edición das Axudas Incuvi-Emprende, VI de Incuvi-Avanza e II de Incuvi-Consolida 20 de xan. de 2022

Visto 33 veces

X edición das Axudas Incuvi-Emprende, VI de Incuvi-Avanza e II de Incuvi-Consolida

A UVigo impulsa coas axudas Incuvi 17 novos proxectos empresariais do seu alumnado máis emprendedor. 12 destas iniciativas están en fase inicial, catro en avanzada e outra busca xa a consolidación

A Universidade de Vigo viviu este xoves a súa gran festa do emprendemento universitario. Fíxoo co acto de entrega da X edición das Axudas Incuvi-Emprende, VI de Incuvi-Avanza e II de Incuvi-Consolida, tres convocatorias coas que a institución académica viguesa se converte no principal punto de apoio das súas alumnas e alumnos dispostos a emprender as súas propias ideas de negocio. Por segundo ano consecutivo o acto tivo que celebrarse de xeito virtual debido ás actuais circunstancias sanitarias, pero isto non foi impedimento para que a institución académica viguesa puxese en valor estas 17 iniciativas emprendedoras. “Unha mágoa que non esteamos todos xuntos no campus, pero hai que adaptarse aos tempos que corren”, salientou o reitor, quen aproveitou este acto para anunciar a posta en marcha dun novo espazo Incuvi no campus de Vigo apoiado polas entidades patrocinadoras e dos que xa poderán beneficiarse os gañadores desta edición.

Reitor, Universidade de Vigo
José María García de los Ríos
Director de convenios e mecenado, Santander Universidades
Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade, Universidade de Vigo
Directora da Área de Emprego e Emprendemento, Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie
X edición das Axudas Incuvi-Emprende, VI de Incuvi-Avanza e II de Incuvi-Consolida
A UVigo impulsa coas axudas Incuvi 17 novos proxectos empresariais do seu alumnado máis emprendedor. 12 destas iniciativas están en fase inicial, catro en avanzada e outra busca xa a consolidación
20 de xan. de 2022