CINTECX Challenge 2022. Desenvolvemento de dispositivo biomédico 3D quentable para control antibacteriano 3 de xan. de 2023
CINTECX Challenge 2022. Desenvolvemento de dispositivo biomédico 3D quentable para control antibacteriano
CINTECX Challenge 2022.
A día de hoxe, o diagnóstico e tratamento das infeccións bacterianas supoñen un gran reto no ámbito biomédico, sendo especialmente relevantes as infeccións asociadas a implantes articulares e tecido dental.
A hipertermia (aumento da temperatura corporal) preséntase como unha alternativa para explorar e varios estudos mostraron a súa eficacia ante patóxenos infecciosos e cepas resistentes a medicamentos.
Entre os métodos para inducir hipertermia leve (<42ºC) en tecidos vivos, resalta a radiación láser no rango VIS-NIR, que se basea en expoñer un material fotosensible a esa radiación inducindo un quecemento en remoto e unha hipertermia local controlada no tecido en contacto. Un destes materiais fotosensibles con forte absorción na rexión do infravermello é o óxido de grafeno que presenta outras características de gran interese no campo dos biomateriales.
Co auxe das tecnoloxías 3D, o desenvolvemento de dispositivos biomédicos personalizados atópase en clara expansión e requírense biomateriales máis eficientes que impliquen solucións menos invasivas e o consumo de menos recursos.
O obxectivo xeral do proxecto é o deseño e fabricación por impresión 3D dun dispositivo biomédico quentable en forma de férula dental, baseado na incorporación de óxido de grafeno nunha matriz polimérica de ácido poliláctico e a irradiación con láser VIS-NIR, para inducir unha hipertemia leve (≤42ºC) sobre o tecido xinxival, logrando un efecto antibacteriano.
O proxecto presentado alíñase coas áreas tecnolóxicas e liñas prioritarias da axenda científica de CINTECX, en concreto no ámbito do RIS3 de Galicia centrado no Novo modelo de vida saudable baseado no envellecemento activo da poboación.
A presente proposta integra a tres grupos de investigación de CINTECX:
Grupo Novos Materiais (FA3)
Grupo de Tecnoloxía Enerxética (GTE)
Grupo de Diseño e Simulación Numérica en Enxeñería Mecánica (DSN)