Expo-feira científica | A ciencia que vén ten nome de muller 21 de abr. de 2023

Visto 227 veces

Expo-feira científica | A ciencia que vén ten nome de muller

Evento organizado por la UCC de la UVigo y la Diputación de Pontevedra se celebró en la plaza del Berbés de Vigo

A expo-feira "A ciencia que vén ten nome de muller" desenvolveuse, por segundo ano consecutivo, na praza do Berbés, estendendo as súas actividades ao edificio Redeiras, onde se celebrou unha conferencia, e ao planetario do Instituto Marítimo Pesqueiro, onde tivo lugar unha visita guiada. O recinto da feira, instalado na praza do Berbés, coa finalidade de fomentar as vocacións científicas e investigadoras, dando a coñecer á sociedade o traballo desenvolvido nas universidades, nomeadamente o das investigadoras da UVigo, acolleu este ano unha ducia de postos, 10 sobre proxectos, grupos e centros de investigación da universidade, un da Unidade de Igualdade da UVigo e outro informativo sobre a Deputación de Pontevedra.

De Galicia ao espazo; Realidade virtual e realidade aumentada e A importancia das algas microscópicas mariñas son os títulos dalgúns dos obradoiros que entre as 16 e as 19.30 horas se desenvolveron na praza do Berbés, nos que as e os visitantes poduideron somerxese, da man das e dos investigadores da UVigo, a través de obradoiros e experimentos en ámbitos como o medio ambiente, a saúde, a tecnoloxía ou o patrimonio, as liñas temáticas elixidas para esta edición do evento.
Fonte: DUVI


Materiais

Vídeos da mesma serie
Expo-feira científica | A ciencia que vén ten nome de muller
Evento organizado por la UCC de la UVigo y la Diputación de Pontevedra se celebró en la plaza del Berbés de Vigo
21 de abr. de 2023