Súmate ao #GalegoDeTranquis! 💙 20 de out. de 2023

Visto 27 veces

Súmate ao #GalegoDeTranquis! 💙

Queres comezar a falar e a escribir en galego? Sen présas. Marca o teu ritmo e no contexto que desexes. Queres comezar só a falalo cun par de persoas? Perfecto! Prefires comezar a ter unha vida 100 % en galego? Adiante! Ti marcas o teu ritmo. Explícallelo ás persoas coas que fales e listo! Que un día non te ves para empregalo? Pois xa te verás outro día! Non te preocupes e goza do proceso.

Coñeces a alguén que quere ou está comezando a falar ou escribir en galego? Podes preguntar de xeito delicado se precisa axuda ou algún tipo de reforzo e non andes corrixindo se non cho pide. Axuda, con comprensión e bo ánimo. Se alguén o fai aos poucos ou só nalgunhas situacións, deixa que pouco a pouco gañe confianza e avance.

Queres comezar a usar o galego nas túas redes sociais? Emprega o cancelo #GalegoDeTranquis nos teus contidos ou na túa bio para indicar que vas comezar a empregar o galego e agradeces que a túa comunidade de seguidoras e seguidores vaian de tranquis contigo. Tamén podes empregar o cancelo #GalegoDeTranquis se queres indicar que se alguén quere comezar a falar o galego contigo, o pode facer sen problema, que te adaptarás e lle farás o proceso máis agradable.

Esta é a campaña que desde a Área de Normalización Lingüística lanzamos para promover e facilitar dar o paso a vivir en galego entre o estudantado e toda a comunidade da Universidade de Vigo.

i18n.one.Series: Galego de tranquis

Vídeos da mesma serie