I Xornada Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres 11 de dec. de 2023
I Xornada Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres
A Facultade de Dereito do campus de Ourense únese á conmemoración 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, coa celebración dunha xornada. A actividade, que conta co apoio da Unidade de Igualdade da UVigo e da Vicerreitoría do Campus de Ourense, arrancará cun minuto de silencio polas vítimas desta violencia na entrada do edificio Xurídico-Empresarial. Continuará con dúas conferencias. A primeira, A trata das mulleres como expresión da violencia de xénero: a resposta do dereito internacional, será ofrecida por Susana Sanz, xuíza ad hoc do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos e catedrática de Dereito Internacional Público da Universidad CEU Cardenal Herrera de Valencia. A segunda, titulada Comprender o incomprensible: as fontes da lexitimación da violencia sexual, será impartida por Ana de Miguel Álvarez, profesora de Filosofía Moral e Política da Universidad Rey Juan Carlos.