Grao en Administración e Dirección de Empresas. Campus de Vigo 17 de dec. de 2025

Visto 18 veces

Grao en Administración e Dirección de Empresas. Campus de Vigo

O grao en Administración e Dirección de Empresas supón unha alternativa moi atractiva debido ás altas taxas de inserción laboral, maioritariamente na empresa privada, e ás beneficiosas condicións salariais. Nos últimos anos é a titulación con máis saídas profesionais, xa que, segundo o último Informe Infoempleo Adecco, o 4,5% das ofertas de emprego publicadas fai referencia específica a esta titulación e os seus titulados/as poden optar ao 10,65 % das ofertas nas que se solicitan estudos universitarios.

Con todo, a saturación do mercado laboral tamén afecta á contratación deste tipo de profesionais. Isto quere dicir que se queremos estar seguros ao 100% de obter un traballo cunha titulación de ADE será necesario que ademais obteñamos unha certificación dun nivel alto de inglés e adquiramos “habilidades brandas”.