| |
| 1. Aparece unha mensaxe indicando que non dispoño do plug-in adecuado para ver o vídeo |
| 2. Tento avanzar o vídeo e reiníciase |
| 3. Non me carga o vídeo |
| 4. Cargan 2 ou 3 segundos da intro corporativa da Universidade e o vídeo queda en espera |
| 5. Cando tento ver un vídeo descárgame un ficheiro de texto con extensión .ASX |
| 6. Ao tentar ver calquera vídeo .ASX só reprodúceme a intro corporativa da Universidade |
| 7. Como ver os vídeos .ASX desde Macintosh? |
| 8. Como ver os vídeos .ASX desde Linux? |
| 9. Poden enviarme unha copia dos seus vídeos? |
| 10. Outra incidencia? |
| |
| 1. Aparece unha mensaxe indicando que non dispoño do plug-in adecuado para ver o vídeo |
| Probe a descargar e instalar a última versión do adobe flash player: http://get.adobe.com/es/flashplayer/
|
| |
| 2. Tento avanzar o vídeo e reiníciase |
| Iso é un problema de indexado do vídeo, fáganos chegar un correo electrónico a tv@uvigo.es co nome do vídeo e solucionarémolo canto antes |
| |
| 3. Non carga o vídeo |
| Probe a cambiar de navegador ou a actualizar a súa versión de flash |
| |
| 4. Cargan 2 ou 3 segundos da intro corporativa da Universidade e o vídeo queda en espera |
| Probe ou ben a pausar o vídeo na parte inferior do visor e volver darlle ao play ou ben pulsando a frecha de seguinte. Fáganos chegar un correo electrónico a tv@uvigo.es co nome do vídeo para ter constancia diso |
| |
| 5. Cando tento ver un vídeo descárgame un ficheiro de texto con extensión .ASX |
| Hai algúns vídeos que están en proceso de actualizarse ao novo sistema de reprodución baseado en flash que empregamos. Para reproducir o arquivo probe a abrilo co windows media player. En caso de non dispor del pode descargalo desde esta URL: http://windows.microsoft.com/en-US/windows/downloads/windows-media-player
|
| |
| 6. Ao tentar ver calquera vídeo .ASX só reprodúceme a intro corporativa da Universidade |
| O seu reprodutor non interpreta ben os códigos SMIL e non é capaz de seguir as listas de reprodución. Isto pasa con VLC e winamp, por exemplo. Empregue Windows Media Player ou Mplayer para reproducir os vídeos .ASX de Uvigo.TV. Se non sabe como facer isto reinstale o Windows Media Player, pode descargar aquí a última versión http://www.microsoft.com/windows/windowsmedia/player/download/ |
| |
| 7. Como ver os vídeos .ASX desde Macintosh? |
| Unha solución é utilizar os códecs de WMV para o quicktime, para obtelos visitar a páxina: www.flip4mac.com/wmv_download.htm |
| |
| 8. Como ver os vídeos .ASX desde Linux? |
| Artigo explicativo no WIKI de Galpon: http://www.galpon.org/wiki/index.php/Servizo_Uvigo-TV |
| |
| 9. Poden enviarme unha copia dos seus vídeos? |
| Poden acceder a solicitar unha copia en DVD dun vídeo a organización do evento ou o conferenciante. Se este é o seu caso mándenos un correo a tv@uvigo.es |
| |
| 10. Outra incidencia? |
| En caso de ter outra situación que non se atopa nesta lista, non dubide en porse en contacto connosco en tv@uvigo.es |
| |